Mapa de Galicia
Mapa de Galicia
Provincias de Galicia
Provincias de Galicia

PRESENTACIÓN

RECURSOS DIDÁCTICOS EN INTERNET

 

Esta pretende ser unha listaxe de enderezos web que poidan resultar de interese para traballar determinados aspectos dos contidos de Lingua e literatura galega de ESO.

Intentamos recomendar aquelas páxinas que teñen unha certa estabilidade, así e todo, é preciso ter en conta que, se cadra, nalgún caso, podemos entrar nelas e atopármolas inhabilitadas.

 

Funcionamento da lingua

– Información sobre morfoloxía da lingua galega

http://www.usc.es/~ilgas/morfos.html

Páxina elaborada polo Instituto da Lingua Galega cunha descrición da morfosintaxe do galego. Tamén é posible consultala en inglés.

 

– Dicionario da Real Academia Galega

http://www.edu.xunta.es/diccionarios/

Dicionario de lingua xeral da Real Acadenia da Lingua Galega que permite acceder ás entradas de dous xeitos distintos: ben escollendo a letra inicial, ben utilizando un buscador.

 

– Varios vocabularios e léxicos en liña do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

http://www.usc.es/snl/term/andel-term_SNL.htm

 

– Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

http://www3.uvigo.es/normalizacion/index.asp

 

Lingua e sociedade

– Páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüísitca da Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/linguagalega/

 

– A Mesa pola normalización lingüística

http://www.amesanl.org/

Sitio desta plataforma independente que ten como obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social. Ademais de levar a cabo iniciativas de promoción e sensibilización, tamén denuncian todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e intentan asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.

 

– Loia

http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/

Páxina que contén, entre outras cuestións, información sobre historia da lingua galega, mapas lingüísticos, e datos de sociolingüística.

 

– Mapas dialectais

http://www.usc.es/~ilgas/mapas.html

Páxina do Instituto da Lingua Galega que permite ver 12 mapas dialectais.

 

Literatura

– Biblioteca Virtual Galega:

http://www.bvg.udc.es

Páxina moi completa que permite unha busca sinxela de información sobre a vida e obra dos autores e autoras da literatura galega. Contén un importante fondo bibliográfico.

 

– Literatura galega medieval

http://www.usc.es/~ilgas/escolma.html

Escolma de textos de literatura galega medieval.

 

– Museo Castelao

http://www.museocastelao.org/

Páxina para o estudo, catalogación e difusión da vida e a obra de Castelao.

 

– Biblioteca Dixital de Galicia:

http://www.csbg.org/bibliotecadixital/asp/index.asp

 

– Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego:

http://www.bivir.com

 

– Centro Ramón Piñeiro:

http://www.cirp.es

 

– Asociación de escritores en lingua galega:

http://www.aelg.org

 

– Praza das Letras:

http://www.prazadasletras.org

Espazo web creado pola Consellería de Cultura e Deporte onde se ubican diversos números desta revista do mesmo nome, con entrevistas e información sobre o mundo da cultura galega.

 

– Real Academia Galega:

http://www.realacademiagalega.org

Conta cunha biblioteca virtual de certo interese e información sobre o Día das Letras Galegas.

 

– BLIX, Biblioteca de literatura infantil e xuvenil

http://www.filix.org/home.html

Información sobre literatura infantil e xuvenil, con recensións e biografías de autores e autoras.

 

– Ourizo azul

http://www.ourizoazul.org/Default.htm

Literatura infantil e xuvenil con recomendacións de obras segundo a idade.

 

– Bibliotecas escolares

http://biblioblogs.googlepages.com/mapablogs

Mapa dos blogs das bibliotecas escolares galegas.

 

– Servizo de Normalización lingüística da Universidade da Coruña

http://www.udc.es/snl/

 

– Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

http://www.usc.es/snl/

 

– Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

http://www3.uvigo.es/normalizacion/index.asp

 

– Lg3 (Consello da Cultura Galega)

http://www.culturagalega.org/lg3/

Páxina do Consello da Cultura Galega con recensións de obras literarias e todo tipo de información relacionada coa literatura galega.

 

Medios de comunicación en galego

– Compañía de Radio Televisión de Galicia

http://www.crtvg.es

Páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia que, ademais de información sobre a radio e a televisión galegas, dedica espazo á literatura, aos dicionarios ou á discografía.

 

– Galicia-Hoxe

http://www.galicia-hoxe.com

Diario galego dixital.

 

– Vieiros

http://www.vieiros.com

O barrio galego na Internet. Información diaria sobre a rede e Galicia e edicións locais nas sete cidades galegas e nos principais focos de emigración. Ademais ofrece un completo directorio da rede en Galicia.

 

– A Nosa Terra

http://www.anosaterra.com

Edición dixital deste semanario. Inclúe as informacións máis relevantes nas seccións de Galicia, Sociedade, Península e Mundo, o Editorial e a guía de lecer en formato pdf.

 

– Entrada sobre medios de comunicación de Galicia na Wikipedia

http://gl.wikipedia.org/wiki/Medios_de_comunicaci%C3%B3n_de_Galicia

Recompilación de enderezos web dos distintos medios de comunicación en galego.

 

Outras páxinas de interese

– Arquivo sonoro de Galicia

http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/

 

– Audiovisual en Galicia

http://www.culturagalega.org/avg/

 

– Música galega

http://www.culturagalega.org/mega/

 

– Banda deseñada en Galicia

http://www.culturagalega.org/bd/

 

– Blogaliza

http://blogaliza.org/

 

– Wikipedia en galego

http:gl.wikipedia.org

Enciclopedia dixital en galego.

 

– Galicia encantada

http://galiciaencantada.com

Páxina creada por Antonio Reigosa sobre o mundo máxico e lendario de Galicia.

 

– Ponte nas ondas

http://pontenasondas.org

Páxina deste colectivo cultural que impulsou a candidatura da cultura inmaterial galego-portuguesa como Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

 

– Vieiros da escola

http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/

 

– Recursos informáticos en galego

http://galego.org/informatica/engalego.html

 

– Correlingua

http://www.correlingua.org/

Páxina que recolle información sobre esta carreira a prol da lingua.

 

– Consello da Cultura Galega

http://www.consellodacultura.org

 

– Galego.org

http://galego.org

Espazo web onde se promociona e se informa sobre a lingua galega.

 

– Máis internet máis galego

http://www.maisinternetmaisgalego.org/

Páxina da Consellería de Innovación e Industria onde se informa das novidade relacionadas coa lingua e as novas tecnoloxías.

 

– PuntoGal

http://www.puntogal.org/

PuntoGal é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galega un dominio propio en internet.

 

– Blogalego

http://blogalego.com

Páxina que recolle e actualiza os post ou entradas máis recentes dos blogs galegos.

 

– Nomes galegos

http://www.amesanl.org/quefacemos/nomesgalegos/nomes.html

Recompilación de 1.410 nomes galegos de home e de muller acompañados pola súa orixe e significado.

 

– Ciberlingua

http://www.ciberlingua.org/

Proxecto de normalización lingüística e TIC dirixido ao alumnado, aos pais e nais e ao profesorado. Esta páxina recolle, entre outras, información sobre este proxecto, recursos educativos e un cartafol de prensa con novas con el relacionadas.

 

– Ciber irmandades da fala

http://www.ciberirmandade.org

 

– Mancomún

http://www.mancomun.org/

Portal da Xunta e a Consellería de Innovación e Industria en prol do software libre, encamiñada a normalizar o uso do galego no campo da ofimática.

 

 

O SAMAÍN

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1399635901/contido/index.html

 

http://welcometogalicia.blogspot.com.es/2012/11/o-samain.html

CANTO DO NADAL (SANTAIA DE MOAR-ORDES-A CORUÑA)

BO NADAL
BO NADAL

GRUPO A

 

A noitiña de Nadal

por ser noite de alegría

camiñando vai Xosé

e máis a Virxen María

 

GRUPO B

 

Camiñan para Belén

a Belén levan a guía

cando a Belén chegaron

toda a xente dormía

 

TODOS

 

Quedense con Deus señores

ata o ano que volvamos

se para o ano non volvemos

que no ceo nos vexamos. 

 

 

 

O ENTROIDO

 

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

 

Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.

Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.

Velaquí as mellores webs sobre o Entroido en Galicia: